====== Páxina do equipo de tradución do Xfce ao galego ====== ** Benvido á páxina do equipo de tradución Xfce ao galego ** Esta páxina está pensada como referencia para todos aqueles que queiran facer unha contribución para que o Xfce estea dispoñible en galego. Antes de comezar a traducir é recomendábel ler [[https://docs.xfce.org/contribute/translate/start|esta guía introdutoria]]. Se queres contribuír, non dubides en poñerte en contacto subscribíndose a [[https://mail.xfce.org/mailman/listinfo/xfce-i18n|lista de correo oficial da tradución Xfce]]. Lembra que é necesario subscribirse á lista para ter acceso á plataforma de tradución. Para falar especificamente da tradución galega recoméndase usar o prefixo ** [GL] ** no asunto do correo electrónico. Tamén podes unirte á lista do Proxecto Trasno [[http://trasno.gal/lista-de-correo-2/|Lista de correo do Proxecto Trasno]]. ===== Estado dos ficheiros a traducir ===== Podes comprobar o estado da tradución de cada proxecto desde o [[https://www.transifex.com/xfce/|panel de traballo («dashboard») en Transifex]]. Para cada proxecto hai estatísticas relacionadas con outros idiomas, ademais hai que lembrar que un proxecto pode conter máis recursos para traducir (por exemplo no proxecto [[https://www.transifex.com/xfce/xfce-apps/content/|Xfce apps]] todas as aplicacións Xfce están aí). En xeral, durante a tradución discútese a través da lista de correo. ===== Glosario ===== O [[translations:team_gl:glossary| glosario específico do proxecto de tradución ao galego do Xfce]] trata de ser unha ferramenta de axuda ante distintas dúbidas. É recomendable empregar esta páxina como a primeira fonte para resolver calquera dúbida de tradución. Xunto co glosario está o [[ http://termos.trasno.gal/|Prontuario terminolóxico de localización fixada durante as Trasnadas realizadas polo colectivo Proxecto Trasno]] o cal é de obrigado cumprimento. ===== Outros recursos de consulta ===== [[https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=ok&langID=346&Source=true&productid=0|Portal lingüístico de Microsoft]]