Table of Contents

Páxina do equipo de tradución do Xfce ao galego

Benvido á páxina do equipo de tradución Xfce ao galego

Esta páxina está pensada como referencia para todos aqueles que queiran facer unha contribución para que o Xfce estea dispoñible en galego. Antes de comezar a traducir é recomendábel ler esta guía introdutoria.

Se queres contribuír, non dubides en poñerte en contacto subscribíndose a lista de correo oficial da tradución Xfce. Lembra que é necesario subscribirse á lista para ter acceso á plataforma de tradución.

Para falar especificamente da tradución galega recoméndase usar o prefixo [GL] no asunto do correo electrónico.

Tamén podes unirte á lista do Proxecto Trasno Lista de correo do Proxecto Trasno.

Estado dos ficheiros a traducir

Podes comprobar o estado da tradución de cada proxecto desde o panel de traballo («dashboard») en Transifex. Para cada proxecto hai estatísticas relacionadas con outros idiomas, ademais hai que lembrar que un proxecto pode conter máis recursos para traducir (por exemplo no proxecto Xfce apps todas as aplicacións Xfce están aí).

En xeral, durante a tradución discútese a través da lista de correo.

Glosario

O glosario específico do proxecto de tradución ao galego do Xfce trata de ser unha ferramenta de axuda ante distintas dúbidas. É recomendable empregar esta páxina como a primeira fonte para resolver calquera dúbida de tradución.

Xunto co glosario está o Prontuario terminolóxico de localización fixada durante as Trasnadas realizadas polo colectivo Proxecto Trasno o cal é de obrigado cumprimento.

Outros recursos de consulta

Portal lingüístico de Microsoft